Éxito de Arde Lúpulus, a feira da cervexa artesá de Lugo
Dende primeira hora da tarde xa había ambiente na feira. Celébrase ao aire libre e gárdanse as distancias de seguridade. E isto súmase á ansia de saír e tamén a de probar cervexas diferentes.
Xavier fabrica a súa propia cervexa dende hai sete anos; Marta dende hai catro. Son empresas pequenas que apostaron pola elaboración artesanal e de calidade. No caso de Fran, ademais, optou por facer unha cervexa ecolóxica. A súa intención é cultivar o seu propio cereal para o ano que vén.
Todos os artesáns cervexeiros que participan na feira están moi contentos de volver atoparse co seu público. A pandemia mantívoos separados dos seus clientes e agora senten que volver coller folgos.
O público tamén agradece o esforzo de que estean aquí estes artesáns.
Na feira ofrécense ducias de cervexas, con diferentes matices, unha oportunidade de catar o sabor do feito artesanalmente e con moito meco.