CRTVG

Buscar

Xiro radical na clasificación da ACT logo da bandeira de Lekeitio

Publicado o 26/07/2020 14:53

Na Liga ACT a clasificación xeral deu un xiro radical despois da xornada desta mañá en Lekeitio. Gañou Hondarribia, a terceira vitoria da temporada. Pero entre as favoritas para facerse polo título a gran favorecida foi Urdaibai que rematou na segunda posición.

A ata o de agora líder, Santurtzi, afundiuse na regata cun undécimo posto e perdeu o liderato a prol dos de Bermeo. Os catro primeiros clasificados están en catro puntos. Cabo foi sétima e Ares novena, pero viu como os seus rivais pola permanencia se achegaron dun xeito perigoso.

Noticias web

26/07/2020