CRTVG

Buscar

Xira musical dos bombeiros de Santiago para agredecer o cumprimento das normas

Publicado o 10/04/2020 21:28

Os bombeiros de Santiago marcharon esta tarde de xira musical polas rúas da cidade. Desta forma quixeron agradecer o exemplar comportamento dos cidadáns durante estas semanas de confinamento. Un dos axentes, subido a un guindastre, interpretou á guitarra temas tan coñecidos como o Himno da Alegría ou o Resistirei. Moitos veciños saíron aobalcón para agradecerlles o concerto, que se repetiu en varias zonas da capital galega.
 

Noticias web

10/04/2020