CRTVG

Buscar

Xinzo solicitará a declaración de zona de emerxencia polos danos dos últimos temporais

Publicado o 29/12/2019 14:58

O Concello de Xinzo de Limia vai solicitar a declaración de zona de emerxencia a raíz dos danos ocasionados polas últimas borrascas. Aínda non os teñen cuantificados, pero subliñan que o rebordamento de varios ríos e a continua choiva estragaron por completo os cultivos de inverno. Perdas ás que hai que engadir, afirman, os danos ocasionados en infraestruturas e espazos públicos.

Solicitaran ao Centro de desenvolvemento agrogandeiro e aos técnicos municipais que fagan unha valoración de danos para comezar os trámites que lles permitan acceder a axudas das distintas administracións.

Noticias web

29/12/2019