CRTVG

Buscar

Xinzo pasa dos 247 casos aos 102 en dúas semanas de duras restricións

Publicado o 06/02/2021 21:30

Xinzo de Limia tocou o seu teito de contaxios o pasado 24 de xaneiro con 247 casos activos. Reducíronse a 102 en apenas quince días.

O 21 de xaneiro a altísima incidencia do virus rexistrada en Xinzo levou a Xunta a establecer o nivel máximo de restriccións. Aquí ademais días antes o concello emitira un bando no que xa recomendaba pechar os comercios as seis da tarde e adiantar o toque de recollida as oito do serán. Melloraron os datos pero a preocupación segue a ser palpable entre a veciñanza.

Xinzo debía estar celebrando hoxe o domingo corredoiro. Pero a pandemia obriga e esta é a imaxe que nos atopamos: a das rúas baleiras. A saúde está agora, din, por diante de todo.

Xinzo ten aínda unha incidencia acumulada a catorce días de máis de 250 casos por cada cen mil habitantes. Por iso escoitan os últimos datos con moita prudencia.

Agora din, cruzan os dedos para seguir nesta tendencia a baixa, pero sempre alerta e sen rebaixar as medidas para evitar un repunte que bote por terra os logros dos últimos días.

Noticias web

06/02/2021