CRTVG

Buscar

Xinzo e Ribadavia alivian as restricións ata o nivel básico

Publicado o 11/12/2020 16:04

Tamén na provincia de Ourense hai dous municipios con boa evolución nas últimas semanas, nos que haberá cambios nos vindeiros días. Tanto Xinzo de Limia como Ribadavia verán aliviadas esas restricións que veñen padecendo dende o pasado mes de novembro: en Xinzo dende o 7 de novembro, en Ribadavia dende o día 14.

A boa evolución epidemiolóxica fai posible este alivio nas restricións, así que a partir de agora poderá levantarse ese peche perimetral e pasar a endosar a listaxe deses concellos galegos cun nivel de restricións baixo.

En Ribadavia, a comezos de novembro había máis de setenta casos. Na última semana, non se rexistrou ningún novo. Por iso a Xunta decidiu relaxar as medidas nas dúas localidades, que quedan libres do peche perimetral. Os veciños poderán moverse libremente a outros concellos que non teñan restrición. Aínda así, os cidadáns seguen coas precaucións.

A hostalaría de Xinzo e Ribadavia poderán abrir ata as once da noite, seis horas máis do que tiñan ata agora. En canto ás reunións, poden ser, como máximo, de seis persoas.

 

Noticias web

11/12/2020