CRTVG

Buscar

Xinzo despide o Entroido co Domingo de Piñata

Publicado o 01/03/2020 21:07

Quen pense que o Entroido rematou hai días é porque non sabe que en Xinzo aproveitan ata o último momento da festa. Porque aquí, a todos os, efectos hoxe segue sendo Entroido. E non é calquera día, hoxe os cativos teñen o seu protagonismo

Mentres, os máis grandes aproveitan para apurar as útimas horas de festa. Hoxe os disfraces volven saír as rúas. A troula semella que aínda lles soubo a pouco.

Así que, quedando xa pouco como queda, o mellor é gozar da festa, e agardar con ansia o Entroido do vindeiro ano.

Noticias web

01/03/2020