CRTVG

Buscar

Xinzo de Limia comeza a aplanar a curva de contaxios

Publicado o 28/01/2021 21:08

Esforzo e responsabilidade máxima ante as estritas medidas recomendadas en Xinzo, igual a resultados.

Unha semana antes das medidas máis restritivas da Xunta en Xinzo xa aplicaban recomendacións que fixeron norma: adiantar voluntariamente o toque de recollida ás oito da tarde e pechar o comercio e a hostalaría ás seis.

Esta ausencia de movemento fixo aplanar a curva na comarca da Limia. Con todo, e sabedores de que as hospitalizacións seguirán subindo, as autoridades sanitarias piden prudencia e que se sigan cumprindo as restricións.





 

Noticias web

28/01/2021