CRTVG

Buscar

Ximo Puig e Fernández Vara reforzan o seu liderado territorial

Publicado o 17/07/2017 14:00

Os afíns a Sánchez si gañaron o pulso na Rioxa, onde Francisco Ocón logrou case o 57 por cento dos votos fronte a Félix Capelos. Ocón toma o relevo de César Luena, que non presentou candidatura

Este domingo houbo primarias do PSOE en varias comunidades. Foron reelixidos Ximo Puig en Valencia e Fernández Vara en Estremadura. Ningún dos dous apoiara a Sánchez nas primarias. Destacaron a madurez dos militantes ao saber distinguir entre o proceso estatal e o dos distintos territorios. Os candidatos 'sanchistas' gañaron en Cantabria e A Rioxa.

O presidente valenciano, Ximo Puig, gañou por 14 puntos ao candidato impulsado polo equipo de Pedro Sánchez, Rafa García. E a victoria de Fernández Vara en Estremadura aínda foi máis ampla, con case un 67% dos votos.  Os dous recibiron a felicitación de Sánchez, que cualificaron como moi cordial e positiva. E destacan a madurez da militancia ao respaldalos nos seus territorios a pesar de que apoiaran a Susana Díaz nas primarias estatais.

Noutras dúas federacións máis pequenas si gañaron os candidatos sanchistas: Pablo Zuloaga en Cantabria e Francisco Ocón na Rioxa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/07/2017