CRTVG

Buscar

Ximo Puig asegura que os últimos falecidos pola covid na comunidade non quixeran vacinarse

Publicado o 24/07/2021 22:39
Ximo Puig asegura que os últimos falecidos pola covid na comunidade non quixeran vacinarse

As últimas persoas que morreron pola covid-19 na Comunidade Valenciana non quixeran vacinarse, segundo afirmou o presidente autonómico. De acordo con Ximo Puig, a comunidade pecha a semana con máis de 17.000 novos contaxios, e oito persoas mortas a consecuencia da covid. O presidente valenciano manifestou que moitos dos falecidos non quixeran vacinarse, polo que fixo un chamamento á vacinación para defender a saúde persoal e a pública.
 

Noticias web

24/07/2021