Xesús Fontenla preséntanos o libro 'Anecdotario do Parlamento de Galicia' e a serie 'A recámara'
Publicado o 03/06/2019 13:10
Entrevista no Bos días ao xornalista de Televisión de Galicia Xesús Fontenla, e tamén director do proxecto 'Anecdotario do Parlamento de Galicia'. Este proxecto inclúe un libro, que leva ese título, e tamén unha serie documental que proximante emitirá TVG e que leva por título A recámara. Unha seríe en que os deputados das primeiras sete lexislaturas do Parlamento de Galicia contan en primeira persoa as anécdotas dos acordos e desavinzas máis importantes entre parlamentarios da cámara galega.