CRTVG

Buscar

Xestos, anécdotas e ausencias no debate de investidura, un reflexo da situación política do país

Publicado o 22/07/2019 20:54

Pedro Sánchez afronta un debate incerto nos apoios políticos, pero con moito apoio moral nas bancadas. Seguiron o discurso seus pais, un irmán e a súa muller, ademais de varios presidentes autonómicos socialistas.

Os deputados de Esquerra Republicana accederon ao hemiciclo con flores amarelas en homenaxe aos seus compañeiros presos. Puidemos ver a localizacion definitiva de cada grupo, cos deputados de Vox situados no galiñeiro do Congreso.

En 32 ocasións aplaudiron os socialistas o discurso do candidato. Non o fixeron os deputados de Podemos. Mentres Sánchez expoñía as súas propostas, Pablo Iglesias mostrábase serio e moi pendente do teléfono móbil. Na bancada de Unidas Podemos destacaba unha ausencia, a de Irene Montero. Está na recta final do seu embarazo e solicitou o voto telemático.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/07/2019