CRTVG

Buscar

Xestionan alugueiros de balde para o persoal sanitario grazas á solidariedade dos propietarios

Publicado o 27/03/2020 16:45

Un médico vigués marchou da casa para non contaxiar a súa familia e vive nun piso onde só paga os gastos durante o tempo que o precise. É posible debido a unha iniciativa pola que axentes inmobiliarios xestionan alugueiros de balde para o persoal sanitario grazas á solidariedade dos seus propietarios.

Así compartía Xavier a solución á súa situación. Traballa en Vigo como médico de urxencias. A súa muller tamén é sanitaria e, con tres fillos na casa, decidiron separar o núcleo familiar para evitar contaxios.

Máis de cen inmobiliarias en toda España se implicaron neste proxecto, imposible sen o altruísmo dos propietarios dos inmobles.

Cada día reciben uns aplausos que de seguro comparten con eses outros heroes que con iniciativas solidarias coma esta facilitan o seu traballo.

Noticias web

27/03/2020