Xeración SISI: mozos que compaxinan estudos e traballo
Publicado o 23/09/2021 15:14
Quen dixo que os mozos de agora nin estudan nin traballan? "Polas mañás estudo, traballo no albergue e as fins de semana vou á feira", comenta Leticia Guillán.
E non estamos a falar dun caso illado. "Estudo un máster en liña que me dá moita flexibilidade e traballo nunha serigrafía", apunta Alva Ferreira.
Coma estas dúas rapazas, case dous millóns e medio de persoas fan o mesmo no noso país. O 50 por cento dos estudantes dividen o seu tempo entre estudos e un emprego. É a chamada xeración SISI. Só eles saben todo o esforzo que hai detrás, porque con menos de 25 anos sacrifican o que sexa con tal de acadar os seus obxectivos.