Xeración de campións
Publicado o 27/06/2021 14:16
O Deportivo gaña a Copa xuvenil logo de impoñerse por 3-1 ao Barcelona na final
Por segunda vez na historia, o Deportivo proclamouse campión de España na categoría xuvenil. Unha boa nova para un club que vai precisar da canteira no futuro inmediato nos tempos difíciles que está a vivir.
O equipo deportivista gañou o título tras superar ao Madrid e ao Barça. Inmellorable final de temporada para o conxunto adestrado por Óscar Gilsanz. Na final deste mediodía, un gol de Mario Domínguez e dous dun sensacional Noel valeron para que os futbolistas brancoazuis ergueran o trofeo. Logo desde triunfo, o Deportivo disputará a vindeira edición da Champions xuvenil.