CRTVG

Buscar

"Filomena" deixa a súa pegada en Galicia: xeo e neve na montaña luguesa

Publicado o 09/01/2021 13:55

No Cebreiro, na montaña luguesa, semella que Filomena conxelou a neve que caeu durante todos estes días. O temporal deixou esta madrugada sete graos baixo cero, e este sábado prevese que a temperatura non suba dos cero graos. Malia o frío, a neve acóllese moi ben nesta zona, xa que atrae o turismo.

Segundo nos conta José María, hai varios negocios na zona pechados, co cal os que abriron poden beneficiarse máis do turismo que está traendo a neve.

As baixas temperaturas acumuladas posibilitan que se conserven os carambelos de case dous metros que hai en moitas cubertas da aldea. Son estalactitas de xeo que causan o asombro dos turistas.

Debido ás baixas temperaturas, o xeo vaise manter, pero non se espera que neve moito, xa que malia o frío, vai haber poucas precipitacións. Con todo, 64 máquinas quitaneves estan preparadas para actuar en toda a provincia de Lugo, xa que a cota estará entre os douscentos e trescentos metros.

Noticias web

09/01/2021

Máis sobre actualidade