CRTVG

Buscar

Xénova asinará o acordo de coalición con Ciudadanos malia a oposición do PP vasco

Publicado o 21/02/2020 16:22
Xénova asinará o acordo de coalición con Ciudadanos malia a oposición do PP vasco

A dirección nacional do PP impúxose ao PP vasco que dirixe Alfonso Alonso e asinará esta tarde o acordo con Ciudadanos para concorrer en coalición electoral ás eleccións vascas do próximo 5 de abril, segundo informaron a Europa Press fontes da cúpula popular.

A rúbrica deste pacto, que ambas formacións negociaron estes últimos días, levarana a cabo o secretario xeral do PP, Teodoro García Egea, e o secretario de Finanzas e representante legal de Ciudadanos, Carlos Cuadrado.

A firma producirase despois do choque co PP vasco, que cualificou de "inasumible" o pacto pechado co partido laranxa que concede a Cs o 'número dous' por Áraba e Biscaia, segundo anunciou o secretario de Acción Institucional, José María Espello-Saavedra.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/02/2020