CRTVG

Buscar

Xantar ofrece 22 menús para todos os gustos

Publicado o 07/02/2020 14:49

Dende o ano 2000, milleiros de comensais pasaron polo recinto de Expourense para desfrutar de Xantar, a única feira internacional de turismo gastronómico de España. Este ano, o evento celebra unha XXI edición con novas incorporacións, na que seis países ofrecen o seu produto: México, Costa Rica, Chile, O Perú e Portugal únense á gastronomía galega neste evento, que abriu as súas portas este mércores e pecharáas o vindeiro domingo día 9.

Ademais da variedade dos 22 menús, en que haberá opcións para todos os gustos e cuxos prezos oscilan entre os 15 e 30 euros, estanse a desenvolver diferentes obradoiros. No programa do evento recóllense 150 experiencias complementarias ás ceas e comidas. Entre elas, destacan os talleres de cociña en directo, as catas, e as degustacións. Para a fin de semana, prevese un aumento do público familiar.

Cobran importancia tamén as iniciativas que buscan a posta en valor do territorio agrícola. Ademais de produtos típicos de Galicia como o marisco, a empanada, ou o queixo, o viño é outro dos protagonistas. O que queda asegurada é a variedade de produtos gastronómicos e culturais, polo que, para aqueles amantes do bo comer, Xantar postúlase como unha boa alternativa para esta fin de semana.

Noticias web

07/02/2020