CRTVG

Buscar

Xantar cata as augardentes e os licores tradicionais galegos

Publicado o 02/02/2017 20:50

O consello regulador organizou esta tarde unha cata en Expourense para dar a coñecer as súas peculiaridades

E agora achegámonos ata Ourense para falar de augardentes e licores tradicionais de Galicia. O consello regulador organizou esta tarde unha cata dentro de Xantar. Estivemos con eles para coñecer algunhas das súas peculiaridades. 

Contan que a augardente de bagazo difundiuse en gran medida grazas ao Camiño de Santiago. E durante séculos se lle atribuíron propiedades mediciñais, curativas e mesmo máxicas. Hoxe está en boa parte dos fogares e converteuse case en imprescindible nas sobremesas canda a augardente ou o licor de herbas, e o licor café. E non vaian pensar, non todas son iguais, e só as que pasan uns controis están amparadas polo consello regulador.  

E o certo é que as cifras non paran de mellorar. O ano pasado máis de 500.000 botellas de licores e augardentes galegos levaron esta contraetiqueta. Arredor de 300.000 litros.  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/02/2017