CRTVG

Buscar

'Xanela', un retrato da Galicia confinada

Publicado o 23/06/2020 14:46

Mudou o tempo e mudaron as rutinas. Dende que empezou a pandemia, Gancho Producións leva recibindo materiais audiovisuais para Xanela, unha ollada dentro das fiestras.

Documentaron uns meses da historia dun país sostido con aplausos e resistencia. Unha sociedade marcada polo medo, a incerteza e as preguntas. Os testemuños reflicten a cotiandade dunha cidadanía confinada.

Recibiron máis de setenta vídeos, audios e imaxes. O prazo de recepción remata o un de xullo. Despois iníciase un novo proceso.

Xanela será tamén unha obra de autoría colectiva: asinarán como directores todos os participantes.

Noticias web

23/06/2020