CRTVG

Buscar

Xacobe Pato, de 'instagramer' a escritor

Publicado o 15/09/2020 21:50

 



E o reclamo fíxose libro. Un libro diario. 'Seré feliz mañana', desde hoxe nas librarías, é o diario emocional de Xacobe Pato, licenciado en Políticas e libreiro en Compostela. Escribir diarios vén de lonxe, claro que de neno, con pouca intimidade.
Con ficción ou sen ela Xacobe seguiu escribindo diarios. Desde hai dous anos nas redes sociais. Converteuse en instagramer, acumula 14.000 seguidores. O humor e o personal estilo dos seus relatos sobre as cousas comúns callaron. Chegaría entón a proposta editorial.
Aínda sorprendido confésanos que, polo momento, seguirá escribindo diarios, que a súa felicidade segue mañá, coas pequenas cousas, coas historias do seu mundo. Ata o 2019 no libro, o 2020 continúa en Instagram.
 

 

Noticias web

15/09/2020