CRTVG

Buscar

Xabier Díaz, Anxo Angueira e o Xabarín Club, premios Rebulir da Cultura Galega 2021

Publicado o 27/07/2021 21:12
Xabier Díaz, Anxo Angueira e o Xabarín Club, premios Rebulir da Cultura Galega 2021

Os Premios Rebulir da Cultura Galega 2021 xa teñen nome. Na categoría Música Galega leva o galardón Xabier Díaz pola súa dilatada traxectoria. Na Categoría Homenaxe o premiado é Anxo Angueira, director da Fundación Rosalía de Castro. E na categoría Artes Escénicas o gañador é un clásico desta casa, da Televisión de Galicia, o Xabarín Club. O xurado quixo premiar a súa contribución á normalización lingüística e á difusión da cultura galega.

Noticias web

27/07/2021