CRTVG

Buscar

Xa van dúas agresións nos autobuses de Vigo por mor das máscaras

Publicado o 19/06/2020 13:28

A primeira das agresións foi este luns. Un usuario do Vitrasa golpeou o condutor cando o recriminou por non levar máscara e que tamén puxera os pés sobre un asento. Nese momento, o home de 43 anos e veciño de Vigo, deulle varias puñadas ao condutor, momento en que os outros cidadáns saíron na defensa do condutor apupando ao agresor que acabou mallando tamén ao axente da policía local.

Pero non é un caso único. Esta mesma semana outro viaxeiro de 64 anos e con evidentes signos de embriaguez tamén se negaba a colocarse a máscara correctamente e comportouse de xeito agresivo. Iso obrigou o condutor a deter o autobús na Travesía de Vigo. O home tamén foi denunciado administrativamente. Os usuarios do bus critican estas actitudes incívicas.

A Audiencia de Pontevedra xa condenara en 2018 outro usuario agresivo do autobús en Vigo a unha multa de 90 euros e ao pagamento das costas do xuízo a outro viaxeiro que pegara o condutor en 2017.

Noticias web

19/06/2020