CRTVG

Buscar

Xa van 400 contaxiados e 8 mortos por coronavirus en España, 4 deles en Madrid

Publicado o 07/03/2020 10:05
 

Nas últimas horas, España rexistrou un lixeiro incremento no numero de contaxios diarios, concentrados principalmente en centros de maiores de Madrid. O Goberno da comunidade decidiu pechar durante un mes todos os centros de ocio para xubilados , nun intento de evitar a propagación do coronavirus entre a poboación máis vulnerable.

A oitava falecida por coronavirus en España é unha muller de 87 anos que tiña patoloxías previas. É o primeiro caso mortal en Cataluña. O resto de falecidos durante a tarde do venres tamén tiñan un cadro similar.

 

O cuarto falecido en Madrid e o sétimo en España é un home de 83 anos con patoloxías previas, segundo confirmaron fontes do Goberno rexional. As mesmas fontes concretaron que o home morreu a primeira hora da tarde deste venres no Hospital Severo Ochoa, en Leganés. Esta tarde tamén faleceu un ancián de 91 anos, previamente hospitalizado con outras doenzas, igual que os seis anteriores.

Tamén esta tarde se rexistrou un foco de contaxio nun centro de maiores de Vitoria. Sanidade aumenta o control nestes puntos."Trátase de reducir os riscos posibles de contactos entre persoas infectadas, e sobre todo, reducir o contacto entre persoas que poidan transmiti o virus a mais xente do normal", asegura Fernando Simón.

O Ministerio de Defensa confirma o primeiro caso de coronavirus no Exército. Un mecánico da base aérea de Torrexón de Ardoz.

Dos casos confirmados oficialmente, só hai uns poucos dos que non se sabe nin onde nin como se contaxiaron. O resto son importados e están controlados, polo que se mantén o nivel de alerta.