CRTVG

Buscar

Xa son sete as denuncias contra o supostos abusos sexuais do salesiano de Vigo nun campamento

Publicado o 08/08/2019 13:05

Outras tres familias denunciaron o salesiano de Vigo por supostos abusos sexuais aos seus fillos durante un campamento en Cambados. En total, son xa sete as acusacións que chegaron ao xulgado.

O home, que ten 40 anos e negou os feitos, ingresou en prisión provisional tras a declaración das vítimas hai dúas semanas. Os rapaces afirmaron que lles facía tocamentos mentres durmían todos xuntos nun cuarto. O colexio apartou o sacerdote e informou as familias da situación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/08/2019