CRTVG

Buscar

Xa son seis os incidentes de pequenas embarcacións con candorcas na costa galega

Publicado o 22/09/2020 15:00

Xa son seis os incidentes entre candorcas e pequenas embarcacións rexistrados nas augas galegas nas ultimas semanas. O último deles aconteceu este domingo pasado preto da Torre de Hércules. 

Os expertos tratan de atopar unha explicación ao comportamento estraño destes grandes cetáceos, que poden acadar ata cinco toneladas de peso. 

Os científicos confirmaron que son tres os grupos de candorcas detectads nas augas galegas pero só un deles protagonizou estes incidentes con pequenas embarcacións.

Ademais insisten en falar de incidentes pero non de ataques.

En calquera caso, é unha conduta estraña por parte destes grandes cetáceos que poden chegar a pesar cinco toneladas e medir nove metros.

Os biólogos estableceron que a zona do litoral máis crítica é entre o Cabo Prioriño e Estaca de Bares debido á que nesta faixa hai unha maior cantidade de alimento para as candorcas.

Nos útimos tres meses rexistráronse seis incidentes con candorcas nas augas galegas.

Noticias web

22/09/2020