CRTVG

Buscar

Xa son oito o número de mortos por coronavirus en Galicia

Publicado o 20/03/2020 17:27

• Os últimos tres pacientes morreron en Ourense, A Coruña e Monforte

• 567 contaxiados, 19 deles ingresados na UCI

 

 

Datos oficiais de Galicia. Hai 567 casos, son 123 máis ca onte. Lidera os positivos A Coruña con máis de 150 infectados e Ferrol segue a ser a cidade que menos ten, con 21. 19 persoas contunúan na UCI, 137 están en planta dos hospitais e, a gran maioría, 411 están na casa. En canto os falecidos, hai sete, dous máis ca onte. Tamén hai unha alta hospitalaria máis. En total, o número de curados ascende a 6.

O número de falecidos por coronavirus en Galicia ascende a nove. Nas últimas horas morreron tres persoas nos hospitais de Ourense, A Coruña e Monforte de Lemos. Os tres tiñan 70 anos ou máis e patoloxías previas. O número de casos aquí en Galicia supera os cincocentos. Son xa 567.

Son oito os falecidos por coronavirus en Galicia. Deses oito tres morreron nas últimas horas. No Complexo Hospitalario Universitario de Ourense faleceu unha anciá de 93 anos e que tiña varias patoloxías previas. A segunda das vítimas mortais por coronavirus deste venres en Galicia, e un home de 70 anos, estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e tamén tiña varias patoloxías previas. O terceiro dos falecidos nas últimas horas é un ancián de 89 anos con múltiples patoloxías previas e complexas. Morreu no hospital de Monforte de Lemos.Dos outros cinco falecidos por coronavirus en Galicia, só un tiña menos de 70 anos. A taxa de mortaldade por coronavrius mantense por baixo da media de España.


O número de contaxiados en Galicia supera o medio millar. Son 567 casos os diagnosticados. Deses 567 enfermos de coronavirus, 19 permanecen na UCI, 137 ingresados no hospital e o resto, máis de catrocentos, están nas súas casas. Por áreas sanitaria, a da Coruña é a que ten máis casos, con 152, séguea a de Vigo, con 108, e a de Santiago ocupa o terceiro lugar con 94 positivos por coronavirus. Cinco pacientes xa recibiron a alta médica.