CRTVG

Buscar

Xa son máis de 650 os traballadores infectados nun matadoiro alemán

Publicado o 18/06/2020 14:41

Esta é a industria cárnica alemá onde se produciu o brote e que suma xa máis de 650 traballadores infectados. Está situada ao noroeste do país e nas súas inmediacións 7.000 persoas xa están en corentena e as autoridades decretaron o peche das escolas infantís e dos colexios no distrito afectado.

Mentres, nun distrito de Berlín puxeron en corentena a 369 familias tras detectar un brote de coronavirus nun complexo de apartamentos con preto de 60 prositivos.

Na China, as autoridades elevaron a alerta sanitaria a nivel 2 e blindaron a capital, Pequín, con 22 millóns de habitantes, tras o brote rexistrado nun mercado. Cancelaron máis de 1.200 voos e pedíronlle a xente que ninguén saía a non ser que sexa estrictamente necesario.

Preocupa tamén a situción en Portugal, que rexistrou dende o luns máis de 300 casos novos da covid-19, o que eleva el balance provisional de infectados a 37.336. Máis do 80 por cento dos novos contaxios son na rexión de Lisboa.

Noticias web

18/06/2020