CRTVG

Buscar

Xa son dez as mulleres asasinadas este ano polas súas parellas en España

Publicado o 09/02/2020 15:08

Dez mulleres foron asasinadas polas súas parella ou ex-parellas no que vai de ano, en España. Dúas na provincia de Lugo.

No concello da Pastoriza está aínda moi recenete o crime dunha veciña de Crecente de 79 anos. Hai quince días unha neta da vítima atopaba o seu corpo no interior da vivenda. Fóra, a poucos metros, encontraron tamén morto o seu asasino.

En pouco máis dun mes a violencia machista levou por diante 10 vidas, coma a de Manuela, a de Lorena e a da súa filla Ciara. O 016 é o número de atención ás vítimas de violencia de xénero. Non deixa pegada na factura, pero hai que borralo do rexistro de chamadas.

 

Noticias web

09/02/2020