CRTVG

Buscar

Xa son 3 os contaxiados na residencia de maiores Domus Vi de Lalín

Publicado o 23/08/2020 15:21

En Lalín, os maiores da residencia Domus Vi seguen confinados nos cuartos e sen visitas. Segundo Sanidade, un usuario do centro deu positivo na PCR que lles realizaron o sábado a todos. Hai dúas traballadoras infectadas e illadas nas súas casas.

En Santa Comba Protección Civil desinfecta os parques públicos. Estes días tócalles tamén hixienizar as zonas comúns dos inmobles nos que viven persoas contaxiadas.

Superan a vintena de casos positivos. Sanidade informou de que 15 están relacionados co gromo orixinado nunha comida familiar. Dende o Concello extreman as medidas para reducir os contaxios, que se duplicaron dende o sábado.

Similares medidas toman en Muros, onde se rastrexan os contactos dos oito veciños cunha PCR positiva. Pertencen a grupos familiares próximos.

En Melide continúan en seguimento algo máis de 40 persoas, con dous postivos máis que o sábado.
En todos os focos da área sanitaria de Santiago e Barbanza a maioría dos contaxiados son asintomáticos.

 

Noticias web

23/08/2020