Xa son 27 as vítimas mortais dos incendio que arrasan Australia
As autoridades australianas elevaron a 27 o número de vítimas mortais que deixan os incendios que asolan o sueste do país. As cousas poden empeorar aínda máis, porque as previsións anuncian para os próximos días refachos fortes de vento e temperaturas de ata 40 graos.
O Goberno australiano decidiu declarar zonas de desastre os lugares máis afectados por unha vaga de incendios que se considera excepcional.
O exército e a policía prepáranse para novas e masivas evacuacións, principalmente no sueste do país onde as previsións anuncian para as próximas horas refachos fortes de vento e temperaturas de ata 40 graos.
O primeiro ministro australiano elevou a 27 o número de vítimas mortais e cualificou a situación como un desastre terrible.
As autoridades informaron de que o lume estragou xa máis de 2.000 casas e arrasou uns oito millóns de hectáreas desde que comezaran os incendios no mes de setembro.
Ademais, admiten de que con frontes tan extensas e refachos de vento tan fortes é facil prever que os próximos días, quizais semanas, vaian ser moi complicados no leste e no sur do país, onde vive a inmensa maioría da poboación australiana.