CRTVG

Buscar

Xa son 210 as persoas afectadas pola listeriose

Publicado o 02/09/2019 19:57

A Consellería de Saúde de Andalucía confirma un posible novo caso de listeriose en Córdoba. Dende que se decretou a alerta o pasado 15 de agosto son xa 210 as persoas infectadas pola bacteria. 203 en Andalucía, 3 en Aragón, 2 en Estremadura, 1 en Castela e León e outro en Madrid. Ademais, notificáronse 64 casos probables e 66 sospeitosos en diversas comunidades.

Dos afectados en Andalucía, 55 seguen hospitalizados. 4 están na UCI e hai ingresadas 21 mulleres embarazadas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/09/2019