CRTVG

Buscar

Xa son 11 os detidos nunha nova operación contra o narcotráfico na provincia de Pontevedra

Publicado o 02/12/2019 19:09

Eran as sete da mañá cando a Garda Civil comezaba os rexistros en varias vivendas do Vao de Arriba, en Poio. Os axentes entran no poboado chabolista apoiados pola unidade canina e un helicóptero. E é aquí onde se producen os primeiros arrestos.

Esta redada forma parte dunha operación conxunta da Garda Civil e a Policía Nacional que se desenvolve de xeito simultáneo en varios concellos. Mentres os efectivos do Vao proseguen o seu traballo, outros axentes da Garda Civil rexistran un local comercial na rúa Virxe do Camiño, en pleno centro de Pontevedra.
E efectivos da Policía Nacional fan rexistros en Vilagarcía, noutros puntos da comarca do Salnés e tamén na Estrada.

A operación está coordinada por un xulgado pontevedrés. E polo de agora continúa aberta. Ata o momento hai 11 detidos, pero non se descartan máis arrestos nas próximas horas.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/12/2019