CRTVG

Buscar

Xa se transvasaron 90 das 110 toneladas de combustible do Blue Star

Publicado o 01/12/2019 20:08

Na segunda xornada de baleirado, os traballos de bombeo avazaron máis lentamente que o sábado. Baixaron as temperaturas na ría de Ares e o fuel e o gasoil volvéronse máis densos. Xa están fóra do buque maltés noventa toneladas. A seguridade no transvasamento do combustible do Blue Star é a máxima prioridade para administración do Estado. Mentres dure a operación, o remolcador Don Inda permanecerá na zona, listo para despregar as barreiras anticontaminación no caso de que se producise algunha fuga. É a gran preocupación das persoas que seguen achegándose á costa para observar o dispositivo. Xa pasaron nove días desde que o buque encallou na contorna de Punta Miranda.

As condicións meteorolóxicas previstas para o luns son boas. Os traballos reanudaranse a partir das oito e media da mañá. Quedan no Blue Star arredor de vinte toneladas de combustible. Cando a operación se complete, a compañía holandesa Smit deberá presentar un plan para abordar o reflotamento do cargueiro.

Noticias web

01/12/2019