CRTVG

Buscar

Xa se realizaron 500 probas PCR na Mariña e continúa o rastrexo de contactos

Publicado o 30/06/2020 14:52

Elévanse a 500 as probas PCR realizadas na Mariña para controlar o brote de coronavirus detectado hai unha semana. No hospital público é onde se concentra a realización destas probas, a maioría fanse no exterior dende o propio vehículo do paciente, que acode tras a prescrición do seu médico.

Os centros de saúde son o primeiro filtro para a detección de novos casos. Trabállase en coordinación co hospital e co servizo de Microbioloxía do HULA. 

Os dous focos do brote están nos concellos de Xove e Burela, pero tamén hai ramificacións noutros municipios da comarca. Os expertos apelan á responsabilidade individual para manter baixo control a transmisión do virus.

"Actuando e non deixando que se transmita libremente o virus, cada un de nós temos que darnos conta de que o importante non é que me contaxie senón que eu contaxie aos demais", di a viróloga Margarita del Val. 

Para isto é importante respectar as medidas de prevención, distancia social, máscara e lavado de mans.

Noticias web

30/06/2020