CRTVG

Buscar

Xa se poden solicitar as axudas para sacar o carné de conducir

Publicado o 17/08/2021 14:16

Van destinadas a mozos, maiores de 18 anos, que leven polo menos un ano empadroados en Galicia e que estean inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. É dicir, o obxectivo é mellorar a empregabilidade dos máis novos que intentan acceder ao mercado laboral.

As achegas son de 400 euros para o carné tipo B, o de turismos, e 650 para o C, o de camión. Poderán solicitarse ata o 13 de setembro a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, agás que se esgote o orzamento de 760.000 euros previsto para esta liña de axudas. Na anterior convocatoria beneficiáronse máis de 1.700 mozas e mozos.  

Noticias web

17/08/2021