CRTVG

Buscar

Xa se poden solicitar as axudas da Xunta para desenvolver actividades sociais

Publicado o 22/09/2021 16:46

As entidades sociais de Galicia xa poden pedir desde hoxe mesmo as axudas para desenvolver as súas actividades. Son 11 millóns e medio de euros que a Consellería de Política Social destina a fins benéficos e que proceden do recadro social que marcamos cando facemos a declaración da renda. Nos próximos meses publicaranse outros nove millóns de euros.

"Hoxe mesmo o Diario Oficial de Galicia publica esta nova convocatoria do 0,7 do IRPF, 20,7 millóns de euros, pero faise un adianto do 55 por cento, co obxectivo de que as entidades poidan xa empezar dende hoxe mesmo a poñer en marcha os programas, que saiban que van facer durante os próximos meses", explicou a conselleira de Política Social, Fabiola García. 

 

Noticias web

22/09/2021