CRTVG

Buscar

Xa se pode reservar praza nos albergues públicos a través dunha plataforma en liña

Publicado o 02/07/2020 15:23

Para aqueles que teñan pensado facer o Camiño, saiban que xa é posible reservar praza nos albergues públicos a través dunha plataforma en liña.

A Xunta acaba de poñer en marcha alberguesxacobeo.gal. Os peregrinos que empreguen esta platforma accederán a un buscador con todos os establecementos da rede pública. As reservas poderán realizarse dende o día anterior e ata as 13:00 h do día da pernoita pero, importante, tamén será posible obter praza, como se facía habitualmente, ao chegar ao albergue. A plataforma permite tamén facer reservas para grupos de ata cinco persoas.

Esta iniciativa está enmarcada no programa Camiño Seguro e busca facilitar a peregrinación na etapa poscovid-19 ofrecendo maior seguridade aos camiñantes.

Noticias web

02/07/2020