CRTVG

Buscar

Pódese solicitar a devolución das prestacións por maternidade e paternidade de 2016 e 2017

Publicado o 02/01/2019 14:39

Desde esta tarde xa se pode reclamar a devolución das prestacións por maternidade e paternidade de 2016 e 2017. Facenda acaba de habilitar na súa páxina web a opción para pedir o reintegro correspondente a este período, cumprindo así coa sentenza do Tribunal Supremo.

Os contribuíntes que cobraron prestacións en 2014 e 2015 xa podían solicitar esta devolución desde o pasado mes de decembo e a partir desta tarde tamén poden facelo os que tiveron fillos en 2016 e 2017.

Noticias web

02/01/2019