CRTVG

Buscar

Xa se pode pedir cita para facer a declaración da renda

Publicado o 09/05/2019 22:30

Hoxe a Axencia Tributaria abre un novo prazo na campaña da renda de 2018. É o da cita previa. Os contribuíntes que necesiten de atención presencial en oficina para presentar a súa declaración do IRPF poden solicitar desde hoxe a cita previa. Poderán pedila por Internet na páxina web da Axencia Tributaria ou na súa aplicación para o móbil. Tamén se pode solicitar por teléfono. O ano pasado fixéronse 2,2 millóns de declaracións da renda presenciais, o que representa o 11 por cento do total.

A campaña do IRPF comezou o 1 de abril e rematará o primeiro de xullo, que é o último día para presentar a declaración, agás para o que teñan que pagar e queiran facelo a través de domiciliación bancaria. Se este é o caso, terán que presentala antes do 26 de xuño.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/05/2019