CRTVG

Buscar

Xa se pode mercar lotería de Nadal

Publicado o 08/07/2021 15:01

Son 172 millóns de décimos do sorteo de Nadal os que desde esta semana están á venda nas administracións de lotaria. Case todos os que se venderon hoxe nunhs administración da zona vella de Santiago teñen como destino outras comunidades. Galicia xogou preto de 180 millóns de euros no sorteo de Nadal do ano pasado, cun gasto medio de 66 euros por persoa, unha cifra menor que en edicións anteriores debido á situación provocada pola pandemia. As previsions deste ano, segundo din os loteiros, son moito máis optimistas, O sorteo da lotaria de Nadal deixou o ano pasado en Galicia 20 millons de euros en premios, entre eles o Gordo, que se vendeu en tres administracións do Grove, Vigo e O Porriño.


 

Noticias web

08/07/2021