Xa se pode circular outra vez pola N-120 entre Monforte e Ourense
Publicado o 29/11/2019 21:01
En principio estará operativo un só carril e por el poderán circular tanto coches como camións. A partir de agora os condutores xa non terán que desviarse para completar o percorrido entre Monforte e Ourense.
Este treito estivo cortado desde o 8 de novembro. As rochas caídas sobre a calzada retiráronse pouco despois do desprendemento pero os especialistas advertiron que non era seguro circular por esta vía, xa que podía haber novos desprendemento. O Ministerio de Fomento anunciou tamén obras de reparación do firme nos treitos máis deteriorados da estrada.