CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Xa se comercializa auga de mar en varios formatos

Publicado o 18/05/2017 21:34





A auga do mar tamén se vende. Embotellada ou mesmo en po ou en sales. A auga de mar emprégase cada vez máis na cociña pero tamén noutros campos. Xa hai dúas empresas galegas que se dedican a vender este tipo de produtos.
A auga de mar é un produto máis na cociña ou para outros usos. Deste pequeno treito de costa de Vimianzo, na Costa da Morte,
sae unha das mellores augas de Galicia e dous emprendedores de aquí tiveron a idea de convertela nun produto vendible para cociñar con el, non sen dificultades ante a falta de lexislación.




Extraen auga de mar aberto nunhas cisternas, analízana no laboratorio e comercialízana en formatos como botellas para a casa, outros packs para hostalería ou mesmo cervexa artesá.



Un produto semellante pero ao revés é este. Trátase duns sales que, mesturados con auga potable, producen auga coas mesmas propiedades ca as do mar. Ten uso industrial na limpeza, hidratar os produtos ou cocer.



A cociña é o ámbito natural deste tipo de produto.



O chef Pepe Solla xa é usuario deste produto e embaixador del. A auga de mar ten moitas propiedades e proporciónalle ao corpo tódolos elementos da táboa periódica, algo que non consegue ningún outro producto.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

18/05/2017