CRTVG

Buscar

Bos días

Xa puidemos ver o 'Pergamiño Vindel' no Museo do Mar de Vigo

Publicado o 29/09/2017 10:03

Puidemos ver, por fin, o 'Pergamiño Vindel', que chegou a Vigo o martes dende Nova York. Este tempo foi preciso para que se aclimatara o documento e evitar así a súa deterioración. A partir do vindeiro 10 de outubro a exposición abrirase ao público para poder contemplar as 7 cantigas de amigo de Martín Códax que contén esta xoia histórica.

Luz tenue e apenas dous minutos ante as cámaras. Así se presentou en Vigo o 'Pergamiño Vindel', unha xoia datada entre os séculos XIII e XIV con sete cantigas de amigo de Martín Códax.
O manuscrito pertence dende os anos 70 á Morgan Library de Nova York, que llo cedeu á Universidade de Vigo para esta mostra, baixo estritas medidas de seguridade e conservación.

O Museo do Mar de Vigo tivo que facer obras para garantir as condicións idóneas de humidade e iluminación para expor o pergamiño. A mostra abrirá ao público o vindeiro 10 de outubro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

29/09/2017