CRTVG

Buscar

Xa non queda ningún incendio fóra de control en Ourense tras arrasar máis de 9.000 hectáreas en cinco días

Publicado o 17/09/2020 17:48

Os incendios en Galicia, con máis de 9.000 hectáreas calcinadas, remiten e non hai actualmente ningún fóra de control tras os danos rexistrados por mor da ducia de incendios que estes días na provincia de Ourense. Agora xa só quedan algúns estabilizados ou controlados. 

Estabilizados quedaron esta tarde os de Lobios e Muíños, ambos dentro do Parque Natural do Xurés, O de Lobios declarárase ás 19,40 horas deste sábado, na parroquia de Río Caldo, e afecta unhas 2.000 hectáreas, toddas dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

Un segundo incendio declarábase esta noite, chegado dende Portugal no Xurés, en concreto en Prado de Limia, en Muíños, calcinou 150 hectáreas. 

Seguen estabilizados os de Vilariño de Conso-Sabuguido (700 hectáreas), Chandrexa de Queixa-Queixa (500 ha), Manzaneda-Cernado (850 ha), Manzaneda-Paradela (400 ha), A Mezquita-Cádavos (450 ha), Rairiz de Veiga- Sabariz (300 ha) e Montederramo-Gabín (30 ha).

Están controlados os de Vilar de Barrio-Rebordechau (700 ha), Cualedro- Montes (un de 1.300 ha e poutro de 80 ha), A Pobra de Trives-Pena Petada (50 ha) e Muíños-Requiás (11 ha no Parque do Xurés). 

Noticias web

17/09/2020