Xa non hai ningunha comunidade autónoma en nivel verde de alerta pola covid-19

Este é o mapa das comunidades autónomas cos niveis de risco que se configuran en base aos datos de contaxios e á capacidade asistencial en hospitais e na UCI.
Dende onte empeoramos. Tanto que xa non hai ningunha comunidade en verde, o nivel máis baixo.
Galicia e Cantabria pasan a nivel amarelo porque aumentan os positivos, aínda que se mantén en verde a ocupación nos hospitais e nas UCI.
De feito, Galicia ten unha porcentaxe do 7,2 por cento de camas UCI ocupadas, a máis baixa de todo o estado.
Tamén están en amarelo Asturias, as Baleares, as Canarias e Valencia.
O seguinte nivel de risco é o laranxa. Hai 5 comunidades neste nivel: Andalucía, Castela-A Mancha, que ten as UCI ao 23%, Estremadura, Murcia e o País Vasco.
E as que están en alerta vermella son 6 autonomías: Aragón, Castela e León, Cataluña, Madrid, Navarra, A Rioxa e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla.
A que maior incidencia acumulada de casos ten é Navarra, con 945 positivos por cada cen mil habitantes.