Xa non é obrigatorio o uso da máscara nas rúas de Portugal
Publicado o 13/09/2021 20:52
Desde hoxe xa non é obrigatorio usar a máscara pola rúa en Portugal. Todos os consultados coñecen a medida, que recomenda poñela cando haxa aglomeracións e apela á responsabilidade individual.
A retirada do uso obrigatorio da máscara na rúa chega a Portugal coa pandemia estabilizada, 1.200 contaxios de media ao día, e co 80 por cento da poboación vacinada coa pauta completa.
O uso da máscara segue sendo obrigatorio en interiores e nas escolas.