CRTVG

Buscar

Xa hai xurado para o xuízo do caso Diana Quer: cinco homes e catro mulleres

Publicado o 11/11/2019 13:22

O proceso que durou toda a mañá rematou finalmente cun xurado composto por cinco homes e catro mulleres e dous suplentes. Presentáronse dez persoas máis das 17 elexídas a dúas semanas. Delas quedaron 5. Outras cinco foron excluidas: unha por coñecer a familia da vítima, outra por pertencer a un xurado recentemente, outra por cuestions académicas, un poblema médico e unha quinta persoa polo falecemento dun familiar.

 Ricardo Pérez Lama Avogado dos pais de Diana Quer Como sabedes é complexo, hai recusacións e tárdase algo máis pero estamos satisfeitos porque se cumpríu o noso obxectivo que é comezara a facerlle xustiza a Diana que é o que toca agora. E hai que probarllo ao xurdo que son os que van ter decidir e pronunciarse sobre os feitos que ao final nós sexamos capaces de demostrar. E entendemos que imos poder demostrar moito do que temos dito.

Despois de aidarse o 28 de outubro o proceso arrincará, case dous anos despois da localización do corpo de Diana e da detención do "Chicle'. Mañá comezarán as sesións coa declaración do acusado, nunha xornada na que tamén está previsto que interveñan como testemuñas os pais de Diana Quer. José Enrique Abuín Gey, alias 'O Chicle', único acusado deste crime e autor confeso da morte de Diana, enfróntase aos delitos de asasinato, agresión sexual e detención ilegal, polos que tanto Fiscalía como acusación particular piden prisión permanente revisable.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí