CRTVG

Buscar

Xa hai tantos coches polas estradas como cando non había pandemia

Publicado o 24/03/2021 16:26

A situación preocupa, e moito. Tal e como explicou o delegado do Goberno desde o centro de control de Tráfico do noroeste, as cifras de desprazamentos arestora xa igualan as de 2019, cando non había pandemia.

Temen que aumenten en Semana Santa e por iso haberá máis controis de mobilidade, similares aos da ponte de San Xosé, en que os condutores terán que acreditar que cumpren coas restricións vixentes.






 

Noticias web

24/03/2021