CRTVG

Buscar

Xa hai máis de 10.000 contaxiados por coronavirus en África

Publicado o 07/04/2020 21:14

O farmacéutico vigués Daniel Gómez regresou hai dúas semanas de Uganda, onde pasou dous meses de voluntario dunha ONG. Alí oficialmente só hai 52 casos notificados. "É moi difícil saber se se están a facer as probas a todos os que teñan síntomas. Dubídoo moitísimo. É moi difícil saber o número de persoas que están infectadas agora mesmo", contounos Daniel Gómez, farmacéutico do hospital Ramón y Cajal.

A capacidade de manexar pacientes críticos é moi limitada, pero contan coa vantaxe de que a idade media da poboación é moito máis baixa que en Europa.

"Non viven tan aglomerados como aquí. Si en certas cidades, pero o normal é que ti teñas a túa casiña no campo e non haxa grandes aglomeracións de persoas, pero logo viven moitas persoas dentro de cada casa", dixo Daniel Gómez

A reacción das autoridades ugadensas, afeitas a outras enfermidades infecciosas como o Ébola, foi inmediata. "Cando non había casos, en Uganda pecháronse as escolas, limitouse a entrada de estranxeiros con corentena para as persoas que viñan de Europa desde moito tempo antes do primeiro caso", contou Gómez.

Daniel Gómez estaba en Uganda cando soubo que sacara o número 1 do FIR, o MIR dos farmacéuticos. De regreso a España, traballa, desde o xoves pasado, no hospital Ramón y Cajal de Madrid.

Noticias web

07/04/2020